HORARIOS
ABERTO
De Martes a Venres de 10 a 14.30h e de 16.30 a 20 horas.
Fins de semana e festivos horario ininterrompido de 10 a 20 horas.
PECHADO
Tódolos Luns.
Tarifas
ENTRADA AO MUSEO
Entrada Xeral: 6 €
Entrada Reducida (com acreditación): 4€
- Estudiantes con carné
- Grupos concertados
- Mozos de 8 a 16 anos
- Familias numerosas
- Peregrinos
- Xubilados
Entrada gratuita
- Menores de 8 anos
- Desempregados
- Membros do ICOM
- Profesores
- Guías de Turismo Castela e León
- Amigos do MEH
- Carné Xoven de Castela e León
- Persoas con discapacidade permanente
- Mércores pola tarde
Como chegar
MUSEO DA EVOLUCIÓN HUMANAPaseo Sierra de Atapuerca s/n, 09002, Burgos
Ao parking do Museo, de pago, entrase pola rúa Burgense, 10 (GPS).
O parking está debaixo do MEH.
INFORMACIÓN E RESERVAS
COMPRA A TÚA ENTRADA
947421100 (9-14.00; 16.00-19.00)
reservas@museoevolucionhumana.com
Visita ràpida
Unha hora pode ser suficiente para un primer achegamento aos contidos máis importantes do Museo da Evolución Humana. Este percorrido comeza pola planta -1, dedicada aos descubrimentos da próxima Serra de Atapuerca. Nela é posible contemplar os fósiles orixinais máis relevantes atopados nos Xacementos de Atapuerca: os restos de Homo antecessor ou o cráneo número 5,tamén coñecido como ‘Miguelón’, pertencente a un Homo heidelbergensis, son algunhas destas xoias arqueolóxicas que permanecen expostas permanentemente.
Ao subir á seguinte planta, destinada á evolución biolóxica, é indispensable visitar a Galería da Evolución, onde contemplando as esculturas hiperrealistas de Elizabeth Daynès sumerxirémonos nunha apaixoante viaxe ao pasado do ser humano. Tamén atopamos unha coidada recreación do Beagle, barco no que Darwin realizou a súa viaxe na que constatou as súas ideas acerca da teoría sobre a evolución das especies, e poderemos introducirnos no cerebro, instalación realizada polo artista Daniel Canogar, que proporciona unha mirada a gran escala deste órgano tan complexo, así como un achegamento moi sensitivo á súa forma de funcionamento.
No piso seguinte, que plantea un percorrido pola evolución cultural, varios audiovisuais achéganos as diferentes adquisicións culturais que caracterizan aos humanos: o lume, a técnica de manufactura de ferramentas en pedra e a execución das pinturas rupestres.
O percorrido remata na planta superior, onde se consegue unha impactante vista da arquitectura do Museo e se poden contemplar os distintos ecosistemas da Serra de Atapuerca.